miércoles, 4 de febrero de 2009

ÚLTIMA CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN ZONAL MINI FEMININA

O pasado luns 2 de febreiro ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Baiona tivo lugar a derradeira concentración da Preselección Zonal de Minibásquet Feminino antes do Campionato Galego de Seleccións Zonais do próximo sábado 7 de febreiro en Sarria.

As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que foron convocadas a este derradeiro adestramento foron Carmen Dapena (1997), Ana Isabel Fernández (1997) e María Pérez (1997), xogadoras do Alevín Feminino "A", Caixanova Celso Emilio Ferreiro, e adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed e Caterina Lago.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte ás nosas xogadoras posto que deste último adestramento da Preselección Zonal de Minibásquet Feminino elixiranse as dez xogadoras que defenderán á Selección de Vigo no Campionato Galego.