
Hoxe, luns 2 de febreiro do 2009, apareceu publicada no Atlántico Diario unha noticia sobre a Presentación Oficial da 7ª Liga Interna de Colexios LINCO - Linorsa 2009 organizada novamente polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se celebrou o venres 30 de xaneiro nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos.
Baixo o titular "Unos cien niños participan en la Liga Escolar del Seis do Nadal" o Atlántico Diario publicou un breve resumo da Presentación da "Liga das Estrelas 2009" anunciando que o próximo venres 6 de febreiro se celebrará a primeira xornada desta competición escolar.
Podedes aumentar a noticia pulsando na imaxe ou acceder á noticia dixital do Atlántico Diario pulsando aquí.

