jueves, 12 de febrero de 2009

NOVA DATA DE CELEBRACIÓN DO CAMPIONATO DE SELECCIÓNS

.

A Federación Galega de Baloncesto, establece como nova data de celebración da Fase Final do Campioanto Galego de Seleccións Zonais en Categoría Minibásquet a do sábado 28 de febreiro na cidade de Sarria.

Esta competición, prevista nun principio para o día 7 de febreiro e aprazada finalmente por mor da situación meteorolóxica, celebrarase na vila de Sarria coa colaboración de diferentes Administracións Públicas (Concello de Sarria, Deputación Provincial e Xefatura de Deportes da Consellería de Cultura e Deporte) e das Escolas Deportivas do C.B. Sarrria.