domingo, 22 de febrero de 2009

BALONCESTO E DIVERSIÓN NA CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS

 

 

 

 

 

 

O pasado domingo dia 22 de febreiro do 2009 tivo lugar no Colexio Seis do Nadal de Coia, a primeira concentración das Escolas Deportivas desta tempada 2008/09 organizada polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

Estas concentracións das Escolas Deportivas organizadas polas nosa entidade teñen como obxectivo principal dar a tódolos rapaces e rapazas inscritos nas Escolas Deportivas Municipais a oportunidade de achegarse ao baloncesto dun xeito diferente, mediante unha xornada de cargada de baloncesto e de moita convivencia.

 

Entre o gran número de xogadores e xogadoras que participaron nesta primeira concentración desta tempada 2008/09 asistiron como invitados os integrantes das Escolas Deportivas do Colexio Salesianos e do Colexio Montesol.

 

Durante a xornada, os xogadores e xogadoras puideron disfrutar dos encontros amigables de baloncesto e aproveitando a celebración do Caranval tamén puideron disfrutar da presenza dun prestixioso científico da NASA que propuxo diversas probas e actividades a tódolos deportistas participantes.

 

Como actividade final desta concentración das Escolas Deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitaron as nosas instalacións grandes estrelas do baloncesto como Michael Jordan, Paul Gasol ou Jorge Garbajosa entre outros, quenes realizaron un gran número para por o broche final á xornada.