O pasado venres 13 de febreiro tivo lugar nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos a segunda xornada da nosa 7ª Liga Interna de Colexios LINCO - Linorsa 2009 organizada unha campaña máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Nesta segunda xornada volveron a competir as categorías mini e premini desta "Liga das Estrelas" reuníndose nunha tarde aos máis de 100 participantes nesta competición escolar.
Esta xornada contou coa visita dos alumnos e alumnas do Colexio Mercantil, que viviron unha tarde de baloncesto e diversión xunto aos nosos escolares. O obxectivo desta visita é fomentar a práctica do baloncesto nos diferentes colexios e centros educativos da cidade de Vigo.
O próximo venres 20 de febreiro celebrarase nas instalacións de Balaídos a terceira xornada da LINCO - Linorsa 2009, unha xornada especial na que se celebrará dun xeito especial o Carnaval.
Xa está dispoñible no album de fotos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia unha nova sección coas fotografías desta sétima edición da Liga Interna de Colexios. Podedes acceder a estas fotos pulsando no menú da esquerda da páxina web ou pulsando aquí.








