

As Preseleccións Galegas de Minibásquet, masculina e feminina, terán este domingo 15 de febreiro, a oportunidade de poñer en práctica o seu xogo nunha nova xornada de adestramentos prevista para as 10:45 horas no Pavillón Miguel Ángel González (Carril).
Para esta nova concentración foron convocados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, en categoría masculina Borja Astray, xogador do Alevín Masculino "A", adestrado por Sergio González e Javier Carpintero; e en categoría feminina María Pérez e Ana Isabel Fernández, xogadoras do Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed e Caterina Lago.
No corpo técnico destas Seleccións Alevíns tamén hai representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Sergio González, Director Deportivo e adestrador do club, é un dos integrantes do corpo técnico da Selección Galega de Minibásquet Masculina.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a Borja Astray, María Pérez e Ana Isabel Fernández e darlle a noraboa por este nova oportunidade da que van a disfrutar o próximo domingo e que de seguro aproveitarán para seguir aprendendo e mellorando.
