Este ano o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará por sétimo ano consecutivo unha nova edición da “Liga das Estrelas” LINCO - Linorsa 2009, tódolos venres desde o mes de xaneiro ata o mes de maio de 16:00 a 18:00 horas nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos.
O acto de presentación desta 7ª Liga Interna de Colexios terá lugar o próximo venres 30 de xaneiro do 2009 con tódolos rapaces e rapazas participantes nesta competición a partir das 16:00 horas nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos.
Neste acto levarase a cabo a Presentación Oficial da LINCO - Linorsa 2009, o desfile das escolas deportivas participantes nesta nova edición, o desfile do grupo de árbitros, as fotos oficiais das escolas deportivas, a foto de grupo da LINCO 2009 e unha gran exhibición en directo dun novidoso deporte: o kin-ball.
Tamén se facilitarán os calendarios de xogo e se explicará o novo formato desta “Liga das Estrelas” que estará dividida en dúas categorías únicas, e que ademais inclúe por primeira vez unha pista de habilidades. Toda a información ao respecto será transmitida no acto de presentación do próximo venres 30 de xaneiro.
Nesta 7ª Liga Interna de Colexios a competición se celebrará tódolos venres desde o 30 de xaneiro ata o venres 22 de maio, sendo o acto de clausura oficial o venres 29 de maio.
Esperámosvos a todos e todas o próximo venres 30 de xaneiro ás 16:00 horas nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos para dar o pistoletazo de saída desta novidosa edición da Liga Interna de Colexios 2009.

