INFANTIL MASCULINO "C"
5º CLASIFICADO TORNEO APERTURA 2008/09
O equipo Infantil Masculino "C", Celso Emilio Ferreiro Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Breixo Solla e Enrique Celeiro, quedou clasificado na 5ª posición do Torneo de Apertura Grupo B de categoría Infantil Masculina desta tempada 2008/09.
O noso equipo formado por xogadores nados nos anos 1995 e 1996 participou no Grupo B do Torneo de Apertura Infantil Masculino demostrando unha máis que notable evolución e mellora desde o comezo da tempada.
A clasificación final deste Torneo de Apertura foi:
1º- APÓSTOL
2º- C. ÁNDERSEN
3º- C. MARIANO
4º- BAIONA ANFACO
5º- CELSO E. FERREIRO SEIS DO NADAL
6º- SALESIANOS
7º- DIVINO SALVADOR
8º- C.B. CASELAS / E.D.M. SALCEDA
9º- CASTRO SAN MIGUEL
10º- LOS SAUCES

