jueves, 1 de enero de 2009

NOVA CONCENTRACIÓN DAS PRESELECCIÓNS GALEGAS MINI

As Preseleccións Galegas de Minibásquet particparán, fóra de competición, no Torneo Internacinal Minibásquet Teresa Herrera, actividade organizado polo Básquet Coruña na cidade de A Coruña.

As dúas Preseleccións masculina e feminina, aproveitarán así a xornada do sábado día 3 de xaneiro para realizar unha concentración que culminará coa súa participación neste torneo.

As Preseleccións enfrontaranse, ás 18:45 horas nas Instalacións do INEF en A Coruña, a sendos combinados de xogadores e xogadoras participantes no torneo.

Para esta nova concentración foron convocados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, en categoría masculina Borja Astray, xogador do Alevín Masculino "A", adestrado por Sergio González; e en categoría feminina María Pérez e Ana Isabel Fernández, xogadoras do Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed.

No corpo técnico destas Seleccións Alevíns tamén hai representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, pois Sergio González, Director Deportivo e adestrador do club, é un dos integrantes do corpo técnico da Selección Galega de Minibásquet Masculina.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a Borja Astray, María Pérez e Ana Isabel Fernández e darlle a noraboa por esta nova oportunidade da que van a disfrutar o próximo sábado e que de seguro aproveitarán para seguir aprendendo e mellorando.