
O próximo domingo 18 de xaneiro ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Baiona terá lugar unha nova concentración da Preselección Zonal de Minibásquet Feminino nesta tempada 2008/09.
Nesta categoría, as xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que foron convocadas a este adestramento son Carmen Dapena (1997), Ana Isabel Fernández (1997) e María Pérez (1997), xogadoras do Alevín Feminino "A", Celso Emilio Ferreiro Seis do Nadal, e adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed e Caterina Lago.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte ás nosas xogadoras por esta nova concentración á que foron convocadas, e queremos pedirlle que aproveiten esta nova oportunidade para seguir aprendendo e mellorando.
