
O próximo domingo 18 de xaneiro ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Baiona terá lugar unha nova concentración da Preselección Zonal Infantil Feminina nesta tempada 2008/09.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que asistirán a esta nova convocatoria son Sara Diéguez (1996), Sara Fernández (1996), Irea González (1996) e Andrea Muñoz (1996), xogadoras do Infantil Feminino "A", Seis do Nadal "A", adestradas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte aos nosos deportistas por esta nova concentración á que foron convocados, e esperamos que aproveiten esta oportunidade para seguir aprendendo e formándose no deporte da canastra.
