miércoles, 24 de diciembre de 2008

TERCEIRA XORNADA DA 3ª EDICIÓN DAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está celebrando por terceiro ano consecutivo, o 3º Campus de Inverno 08 "Xornadas de Tecnificación".

Hoxe, mércores 24 de decembro, realizouse no Colexio Seis do Nadal a segunda xornada deste Campus de Tecnificación, edición coa maior participacion das tres celebradas.

Ademais de cos adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, esta xornada do campus contou coa presencia de Yago Casal, adestrador do Peixegalego Marín de Liga EBA; José Miguel González, adestrador do R.C. Celta; e Óscar Carbajo, seleccionador galego e adestrador do Porriño Baloncesto Base.

Nesta xornada os bloques de contido que se traballaron foron os cambios de man, o xogo interior e o xogo con espazos, a mecánica de tiro, as salidas, o rebote e as finalizacións. Os xogadores e xogadoras do campus puideron perfeccionar os fundamentos técnicos traballados así como aumentar os seus coñecementos sobre eles.

O próximo venres 26 de decembro terá lugar a cuarta e última xornada da terceira edición do Campus de Inverno 08 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, unha xornada que contará cun elevado número de adestradores e adestradoras.