O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está organizando nestas vacacións de Nadal, por terceiro ano consecutivo, o 3º Campus de Inverno 08 "Xornadas de Tecnificación".
Hoxe, martes 23 de decembro, realizouse no Colexio Seis do Nadal a segunda xornada deste Campus de Tecnificación, edición coa maior participacion das tres celebradas.
Un gran número de adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Ángel Navarro, adestrador nacional; Fidel del Campo, Seleccionador Zonal e adestrador do Porriño Baloncesto Base; Ana Álvarez, adestradora do R.C. Celta e do Anfiv; Borja López, Seleccionador Zonal e adestrador do R.C. Celta e do C.B. Vigo; e Fernando Vidal, xogador do C.B. Tui, visitaron na xornada de hoxe o noso campus.
Os bloques de traballo que se desenvolveron neste segundo día do campus centráronse na defensa do lado débil, no xogo sen balón, nas fintas ofensivas, no control de balón e no tiro tras bote e tras pase. Tódolos participantes do campus puideron traballar exercicios que profundizaron e ampliaron os coñecementos de tódolos xogadores e xogadoras nestes bloques de traballo.
Mañá celebrarase a terceira xornada da terceira edición do Campus de Inverno 08 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, unha xornada con numerosas visitas e con novos bloques de traballo de técnica individual.














