O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou nos días 22, 23, 24 e 26 de decembro do 2008 a terceira edición do Campus de Inverno 08 "Xornadas de Tecnificación" nas instalacións do Colexio Seis do Nadal.
A entidade quere agradecer a asistencia ao noso Campus de Inverno de adestradores e adestradorads de gran experiencia como Ángel Navarro, adestrador superior; José Miguel González, adestrador superior do R.C. Celta; Borja López, seleccionador zonal e adestrador do R.C. Celta e C.B. Vigo; Fidel del Campo, seleccionador zonal e adestrador do Porriño Baloncesto Base; Óscar Carbajo, seleccionador galego e adestrador do Porriño Baloncesto Base; Yago Casal, adestrador superior do Marín Peixegalego de Liga EBA; Carlos Martínez Vaqueiro, adestrador superior e coordinador do G.D.G. Basquetebol de Gafanha; e Ana Álvarez, adestradora do R.C. Celta, entre outros.
Tamén queremos agradecer a asistencia de numerosos adestradores e adestradoras, e monitores e monitoras, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, os cales desenvolveron sesións de tecnificación cos rapaces e rapazas inscritos no campus ao longo da semana.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén quere agradecer de xeito especial a colaboración das empresas que apoiaron e colaboraron nesta actividade, empresas como Augas de Mondariz, Grupo Leche Pascual, Coca-Cola, Dulcesol, Displave e Frutas Sol.
Como peche a esta terceira edición das Xornadas de Tecnificación, os máis de 80 participantes recibiron un diploma por parte da Dirección Deportiva da entidade que certificaba a súa participación no 3º Campus de Inverno 08.
Deste xeito clausurábase a Terceira Edición do Campus de Inverno 08 "Xornadas de Tecnificación", edición co maior índice de participación e de asistencia de adestradores e adestradoras invitados, que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia celebra cada tempada nas vacacións de Nadal.










