O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou un ano máis no tradicional Torneo Internacional de Nadal de Sub14 Masculinos e Femininos "Cidade de Gafanha de Nazaré" que celebrou esta tempada a súa cuarta edición nos días 20 e 21 de decembro do 2008 no Pavillón de Gafanha de Nazaré.
Participaron neste torneo representando ao noso club o Infantil Masculino "A", adestrado por David Fernández, e o Infantil Feminino "A", adestrado por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.
O equipo masculino conseguiu o terceiro posto despois de gañar ao Bongás Gafanha no partido polo terceiro e cuarto posto. Pola súa banda, o Infantil Feminino acadou o terceiro posto do torneo despois de non conseguir superar ao GD Gafanha e ao GRI Brandoense.
As clasificacións finais do torneo foron:
CLASIFICACIÓN FINAL MASCULINA:
1º) Ginásio Figueirense (Figueira da Foz)
2º) Clube dos Galitos (Aveiro)
3º) Seis do Nadal - Coia (Vigo)
4º) Bongás Gafanha (Gafanha da Nazaré)
5º) Illiabum Clube (Ílhavo)
6º) FC Porto (Porto)
CLASIFICACIÓN FINAL FEMININA:
1º) GD Gafanha (Gafanha da Nazaré)
2º) GRI Brandoense (Paços de Brandão)
3º) Seis do Nadal - Coia (Vigo)















