
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará un ano máis no IV Torneo de Minibásquet "Vila de Marín" que se celebrará o próximo sábado 20 de decembro do 2008 no Pavillón Municipal de A Raña.
Participará neste torneo, representando ao noso club, o Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrado e dirixido por Sergio González e Javier Carpintero.
Xunto ao noso equipo tamén participarán o C.B. Marín Peixegalego, Estudiantes Fundación Balogal, Básquet Coruña, O Meco e Colexio Agustinos de León.
O sistema de competición deste torneo constará dunha primeira fase en formato "todos contra todos" onde os equipos estarán encadrados en dous grupos de tres. Os primeiros de cada grupo xogarán a final, os segundos de cada grupo o terceiro e cuarto posto, e os terceiros o quinto e sexto posto.
O noso equipo está encadrado no Grupo B do torneo xunto a O Meco e Colexio Agustinos León. Os horarios da primeira xornada serán:
11:00 horas - Seis do Nadal Vs O Meco
13:00 horas - Seis do Nadal Vs Colexio Agustinos
Ademáis os nosos xogadores poderán participar nos tradicionais concursos de triples e two-ball (concurso de tiros por parellas).

