GRUPO FROIZ COLABOROU NA FESTA DE NADAL 25º ANIVERSARIO

Grupo Froiz colaborou coa Festa de Nadal 25º Aniversario que organizou o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia o pasado sábado 27 de decembro nas instalacións do Colexio Seis do Nadal. 

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a colaboración e o apoio depositado por parte desta empresa nesta Festa de Nadal que celebraba os "25 Anos de Historia" da nosa entidade. Moitas grazas pola súa colaboración.