Postal Gañadora Tempada 2007/08
O pasado domingo 30 de novembro do 2008 rematou o prazo límite para a presentación das postais do 2º Concurso de Postais de Nadal que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia por segundo ano consecutivo.
A gran acollida desta segunda edición do Concurso de Postais de Nadal fixo posible unha elevada participación dos deportistas máis pequenos da nosa entidade, os deportistas das categorías benxamín e alevín do deporte federado e das escolas deportivas.
O xurado deste 2º Concurso de Postais de Nadal estivo formado polos integrantes do equipo Infantil Masculino "B", Eijo Garay Seis do Nadal, equipo que lle tocou actuar de xurado despois da realización dun sorteo entre tódolos equipos federados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desde categoría infantil ata categoría sénior contando co equipo de Básquet Adultos.
Este xurado, entre as moitas postais recibidas e a gran variedade de verdadeiras obras de arte presentadas, decidiu que as oito postais finalistas, das cales se escollerá a postal gañadora que será a Postal de Nadal do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta tempada 2008/09, sexan as seguintes:
Javier Vázquez - Alevín Masculino "A"
Julián Álvarez - Alevín Masculino "A"
Xabier Portas - Alevín Masculino "B"
Nerea Campos - Escolas Seis do Nadal
Claudia Pérez - Alevín Feminino "A"
Lois Seijo - Escolas Seis do Nadal
Pablo García - Alevín Masculino "A"
Víctor González - Benxamín Masculino "A"
O próximo venres 5 de decembro publicarase a postal gañadora deste 2º Concurso de Postais de Nadal do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Ata entón podedes opinar e elixir a vosa postal gañadora deixando un comentario nesta entrada.
Podedes acceder a tódalas postais participantes pulsando aquí ou accedendo á galería de fotos.









