sábado, 8 de noviembre de 2008

JOSE EGEA, NOVA INCOPORACIÓN AO CORPO TÉCNICO DA ENTIDADE

Jose Egea, última incorporación ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta tempada 2008/09, desenvolverá labores e funcións de adestrador axudante no equipo Infantil Masculino "B", grupo formado na súa totalidade por xogadores de primeiro ano de categoría infantil, xunto a Miguel A. Simón.

Jose Egea, nado en Murcia, na súa etapa como xogador militou en equipos como o C.B. Murcia e o C.B. Santomera cos que logrou grandes éxitos. Na tempada 2004/05 viuse obrigado a mudarse a vivir en Vigo, cidade na que seguiu xogando ao deporte da canastra no C.B. San José de la Guía e no C.B. Ría de Vigo, no que milita actualmente na Liga Sénior Zonal.

 

Este adestrador realizou a pasada tempada 2007/08 o curso de adestrador de Nivel 1, organizado pola Federación Galega de Baloncesto na cidade de Santiago de Compostela. Este curso, ademais das horas teórico-prácticas presencias e o non presencias, require cumprimentar un bloque de prácticas como adestrador, parte das cales Jose Egea realizará no noso club

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dámoslle a benvida a Jose Egea, agardando que o tempo que pase no club lle sirva para crecer e formarse como adestrador, do mesmo xeito que lle poida servir ao club para aprender dos seus coñecementos e dos seus servizos.