Xunto ao nacemento da nova páxina web do 25º Aniversario "25 Anos co Deporte Base" o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está preparando unha festa para conmemorar o 25º Aniversario que terá lugar o sábado 27 de decembro do 2008 no Colexio Seis do Nadal.
A Dirección Deportiva e a Xunta Directiva da entidade están traballando nos preparativos para este evento que de seguro será un dos máis importantes da Historia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, no cal de seguro que se reunirán tódalas xeracións que pasaron polo club.
Un día de convivencia e de xuntanza que terá o obxectivo de xuntar por unhas horas a tódala historia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Tódalas actividades e horarios deste evento serán publicados na páxina web do 25º Aniversario para información de tódolos interesados.

