O próximo sábado 20 de setembro do 2008 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nas pistas do Colexio Seis do Nadal a Segunda Edición do Torneo 3x3 Aguas de Mondariz Seis do Nadal - Coia marcando o punto de saída desta nova tempada 2008/09.
O torneo ten como principal obxectivo reunir a xogadores e xogadoras de tódalas idades para disfrutar dunha gran xornada de baloncesto e diversión, antes do cercano comezo das competicións.
Aínda podes conformar o teu equipo e inscribirte neste Torneo 3x3 ata o próximo venres 19 de setembro ás 16:00 h. Non te quedes sen participar neste Torneo no que ademais de moito baloncesto, haberá moitas sorpresas e unha intensa xornada de convivencia.
O único requisito para participar no torneo é que en cada equipo, formado como máximo por 5 xogadores e xogadoras, ao menos un integrante terá que ser deportista, adestrador, monitor, membro ou antigo membro do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. A cuota de inscrición para a participación no torneo será de 5 euros que se fará efectiva o mesmo día da competición, o 20 de setembro, 30 minutos antes do comezo dos encontros, 09:30 horas para as categorías da mañá e 15:30 horas para as categorías da tarde.
Para formalizar a inscrición soamente tedes que descargar o formulario de inscrición aquí, completalo e envialo ao correo electrónico baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com antes do venres 19 de setembro do 2008 ás 16:00 h. En caso de que houbese algunha dúbida ou de precisar algunha aclaración ou explicación podedes utilizar a dirección electrónica anterior.
Animámosvos a participar nesta Segunda Edición do Torneo 3x3 do Seis do Nadal e a inscribir ao voso equipo. Participa e divértete co baloncesto!

