Quique
Beloso adestrará no Club Balonecsto Seis do Nadal a próxima tempada 2008/09.
Quique Beloso comezou a adestrar no noso club na tempada 1998/99 e na
campaña 2000/01, despois de conseguir Campionato Galego e o 3º posto no Intersector Español celebrado en León co Infantil Masculino da xeración do 88, abandonou o club por motivos laborais.
Para a próxima tempada 2008/09 Quique Beloso regresa ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para desenvolver novamente as labores e funcións de adestrador. Nesta nova etapa como adestrador dirixirá ao Júnior Masculino "B" formado por rapaces nados nos anos1991 e 1992. Neste novo camiño contará coa inestimable axuda de Albert Tomas, xunto ao cal traballará e organizará ao grupo.
Quique Beloso, adestrador con Título de Nivel II, xunto a Albert Tomas traballarán co Júnior Masculino "B" co obxetivo prioritario de conseguir unha mellora global no xogo do baloncesto e unha correcta adquisición de novos conceptos e fundamentos técnico-tácticos do deporte.
