O equipo Alevín Masculino “A”, Autoescuela Coya Celso Emilio Ferreiro, adestrado por Idelfonso García, disputará esta fin de semana do 17 e 18 de maio a Final do Trofeo Diputación de Pontevedra de categoría Alevín Masculina fronte o Canteiras "A". Este derradeiro cruce cara o título será en formato de ida e volta, e por mutuo acordo entre ambos equipos os partidos se celebrarán na misma fin de semana, feito que lle garantizará maior intensidade e emotividade á final.
No largo camino hacia a final, o noso equipo superou nos partidos de semifinais ao Colexio Ándersen, segundo clasificado do grupo mixto, conseguindo diferencias de máis de 50 puntos ao noso favor. Tamén o Canteiras "A" conseguiu a victoria fronte o Colexio García Barbón, campión do grupo mixto, nos dous partidos de semifinais.
Os partidos de semifinais fan agardar unha final moi intensa e disputada que ten como antecedente máis próximo, o encontro celebrado na nosa pista con motivo da xornada do grupo A2, ocasión na que o noso conxunto se impuso por un 49 a 46.
O gañador deste enfrontamento final será o encargado de representar ao baloncesto vigués no Campionato Galego de Minibásquet que se disputará en réxime de concentración e durante un día completo nunha localidade galega aínda por determinar o próximo día 1 de xuño do 2008.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos darlle a noraboa ao noso equipo, Autoescuela Coya Celso Emilio Ferreiro, pola gran tempada do grupo; e toda a familia do clube desexa que o grupo poida pechar das mellores das maneiras o campionato. O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia fai un chamamento para animar e apoiar ao noso equipo nesta final.
As datas e os horarios dos partidos son os seguintes:
- Canteiras Porriño Vs Autoescuela Coya C.E. Ferreiro
Hora: sábado 17 ás 17:00 h. Lugar: Pavillón Municipal O Porriño
- Autoescuela Coya C.E. Ferreiro Vs Canteiras Porriño
Hora: domingo 18 ás 17:00 h. Lugar: Colexio Seis do Nadal

