O Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Marcos López, proclamouse Campión do Trofeo Diputación de Pontevedra 2007/08 de categoría alevín feminina.
O noso equipo conseguiu o primeiro posto do grupo A2 da fase final. Neste grupo participaban ademais do Seis do Nadal "A", o Maristas Celta, Canteiras "A", Compañía de María, Seis do Nadal "B" e Canteiras "B". As nosas rapazas venceron a tódolos conxuntos cos que compartían grupo, pechando o Trofeo Diputación de Pontevedra 2007/08 co primeiro posto que as proclama campioas da categoría.
O noso equipo será un dos dous representantes vigueses no Campionato Galego McDonald´s de Minibásquet de categoría feminina que terá lugar o próximo día 1 de xuño na cidade de Santiago de Compostela. Ao citado campionato acudirán os Campións Zonais de cada unha das delegacións e os segundos clasificados das Delegacións Campionas Galegas na pasada tempada, polo que da Delegación Viguesa acudirán os dous primeiros equipos alevíns femininos clasificados
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos darlle a noraboa ao Alevín Feminino "A", xogadoras e corpo técnico, pola gran tempada que realizaron e polos excelentes resultados que conseguiron durante todo o ano non só a nivel deportivo. Desexámoslle moita sorte no Campionato Galego do próximo 1 de xuño. Felicidades e moita sorte!

