lunes, 21 de abril de 2008

O SÉNIOR MASCULINO NON CONSIGUE A PERMANENCIA NA LIGA ZONAL DIVISIÓN "A"

SÉNIOR MASCULINO
.
10º CLASIFICADO LIGA ZONAL DVB DIV. "A" 2007/08

 

 

O Sénior Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Francisco García, non conseguiu a permanencia na Divisón "A" da Liga Zonal DVB na presente tempada 2007/08.

 

Despois de xogar o play-off de descenso o Seis do Nadal - Coia quedou clasificado na 10ª posición. No play-off de descenso xogaban o Oh Vigo!, C.B. Caselas, Canon Ademar e o noso equipo; os emparellamentos para xogarse a permanencia na categoría enfrontaron ao Oh Vigo! fronte ao Seis do Nadal - Coia, e ao C.B. Caselas frente ao Canon Ademar.

 

O noso equipo formado na sua gran maioría por xogadores da canteira e cunha curta experiencia na categoría non puido contra o Oh Vigo!, un equipo con moita máis experiencia e veteranía nesta división. Nos dous partidos do cruce o Oh Vigo! conseguiu a victoria, feito que lles garantizou a permanencia na categoría e que provocou o descenso á División "B" do noso conxunto.

 

A clasificación final da Divisón "A" da Liga Zonal DVB foi:

 

1º- ARCADE ITAIPÚ

2º- XUVENTUDE

3º- AIREXA NIGRÁN

4º- U.R.E.C.A.

5º- C.B. BAIONA MARIO PUENTES

6º- C.B. MOS

7º- OH! VIGO

8º- C.B. CASELAS

9º- CANON ADEMAR

10º- SEIS DO NADAL - COIA