Esta fin de semana, 26 e 27 de abril do 2008, darán comezo as diferentes Copas D.V.B., nas que o noso club terá representación nas categorías Senior Masculino, Júnior Masculino (Seis do Nadal "A" e Seis do Nadal "B"), Júnior Feminino, Cadete Masculino ("Seis do Nadal "B" e Seis do Nadal "C") e Infantil Masculino (Seis do Nadal "B" e Seis do Nadal "C").
En categoría Sénior Masculino os nosos xogadores quedaron encadrados no Grupo C e terán que medirse a U.R.E.C.A., C.B. Rodaballo e San José de la Guía. Dicha competición se xogará a liga dunha volta, disputando as semifinais a doble volta os equipos clasificados en primeiro lugar dos Grupos A e B, e dos Grupos C e D respectivamente. A final se disputará entre os gañadores de ambas semifinais a unha soa volta. Para ver o calendario pulsar aquí.
Na Copa DVB Júnior Masculina o Seis do Nadal "A" quedou encadrado no Grupo B e o Seis do Nadal "B" quedou encadrado no Grupo "A". Deste xeito o Seis do Nadal "A" terá que enfrontarase ao Canteiras "A", ATV Telecomunicaciones Vigo, Apóstol e C.B. Tui Seta "B". Pola súa banda, o Seis do Nadal "B" xogará no Grupo A contra C.B. Mario Puentes - Baiona, Canteiras "B", Seis Do Nadal "B", Compañía de María e Salesianos. Esat competición xogarase a liga dunha volta, disputando a final o primeiro clasificado de cada grupo. Para ver o calendario do Grupo A pulsar aquí e para ver o calendario do Grupo B pulsar aquí.
O Júnior Feminino do C.B. Seis do Nadal - Coia xogará a Copa DVB Júnior-Sénior Feminino e os equipos que disputarán esta competición ademáis do noso equipo son: Mario Puentes Baiona Sénior, Baiona Mario Puentes, C.B. Ándersen Seguros Reale, Canteiras Júnior e Canteiras "A" Cadete. Esta Copa se xogará a liga dunha volta, xogando a final os dous primeiros clasificados. O noso equipo Júnior Feminino contará de forma constante e abundante con xogadoras pertencentes ao equipo Cadete Feminino do noso club, de xeito que ambos equipos continuarán competindo ata o final da Copa DVB. Para consultar o calendario de xogo pulsar aquí.
A Copa DVB Cadete Masculina estará composta por dous grupos. No Grupo A quedou encadrado o noso equipo Seis do Nadal "B" xunto a Canteiras "A", Canteiras "B", Maristas Linorsa, C.B. Vigo A.M. e Apóstol Santiago. O Seis do Nadal "C" encadrado no Grupo B se enfrontará a Baiona Anfaco, Canteiras "A" Infantil, Dais Cañiza, C. Los Sauces e Salesianos. Esta competición se celebrará a sistema de liga a unha soa volta, xogando a final o primeiro clasificado de cada grupo. Para acceder ao calendario do Grupo A pulsar aquí e para ver o calendario do Grupo B pulsar aquí.
Na Copa DVB Infantil Masculina participarán os nosos equipos zonais Seis do Nadal "B" e Seis do Nadal "C". O Seis do Nadal "B" xogará no Grupo A contra o C.B. Airexa, Baiona Anfaco "B" e Maristas "A" Gestibérica. Por outra banda o Seis do Nadal "C" encadrado no Grupo B da competición se enfrontará a Baiona Anfaco "A", Canteiras "A" e Baloncesto Vigo "B". Dita competición se xogará en sistema de liga a unha volta, disputándose a final entre o primeiro clasificado de cada grupo. Para acceder ao calendario do Grupo A pulsar aquí e para consultar o calendario do Grupo B pulsar aquí.
