martes, 11 de marzo de 2008

VIGO SERÁ A CANDIDATA ESPAÑOLA PARA ORGANIZAR A UNIVERSIADA 2013 DE VERÁN

 

O Consello Superior de Deportes elixiu a Vigo como a cidade española que aspirará a acoller a Universiada de verán de 2013. A decisión entre Vigo e Murcia fíxose esperar e no Concello de Vigo os nervios non pararon ata que poucos minutos antes das 13.00 horas do martes 13 de marzo chegaba a esperada noticia desde Madrid que confirmaba as aspiracións da cidade.

 

Foron 15 os votos que obtivo a favor a candidatura viguesa e oito os contrarios. As dúas candidatas eran Vigo e Murcia que xa presentaran os proxectos da súa candidatura ante a comisión, formada por 24 persoas con dereito a voto en representación das comunidades autónomas, universidades e o propio CSD.

 

Vigo terá agora que presentar na sede da Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU), en Bruselas, o proxecto para organizar a Universiada nos catro próximos días. A partir dese momento se abrirá unha nova loita por acoller o certamen deportivo neste caso con cidades de todo o mundo. O veredicto final se producirá o 31 de maio, cando os responsables da FISU elixirán entre Poznan (Polonia), Kazán (Rusia), Kwangju (Corea del Sur) e Edmonton o Quebec por Canadá. 

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos darlle a noraboa á candidatura de Vigo para a Universiada 2013 de verán e a todos aqueles que desde un principio apoiaron a iniciativa de achegar ata as nosas terras un evento deportivo de tales características.