domingo, 9 de marzo de 2008

OS NOSOS XOGADORES NA CONVOCATORIA DA PRESELECCIÓN ZONAL DE MINIBÁSQUET

O próximo domingo 9 de marzo do 2008 terá lugar no Colexio Seis do Nadal ás 17:00 horas da tarde unha nova convocatoria da Preselección Viguesa Minibásquet Masculina dirixida polo noso coordinador e adestrador Sergio González axudado pola nosa adestradora Mónica Vila nesta tempada 2007/08.

Os xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convocados a este novo adestramento da Preselección Zonal son Borja Astray do Benxamín Masculino (Ópticas A&B Seis do Nadal) e Adrián López, Mario Álvarez e Hugo López do Alevín Masculino "B" (Seis do Nadal "B").