martes, 19 de febrero de 2008

XORNADAS NACIONAIS MULLER E DEPORTE A PROMOCIÓN DAS MULLERES NO DEPORTE

 

Os pasados días 14 e 15 de febreiro do 2008, a Secretaria do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Francisca García, asistiu ás "Xornadas Nacionais de Muller e Deporte. A promoción das mulleres no deporte: programas e accións" organizadas en Madrid, na Facultade de Ciencias da Actividade Física e Deporte da Universidade Politécnica de Madrid (INEF), polo Consello Superior de Deportes.

 

Nestas xornadas abordáronse temas como "Políticas e programas de apoio ao deporte feminino", "A formación específica dos técnicos deportivos desde a perspectiva de xénero", "A promoción das mulleres no deporte federado", "Accións para promover a participación das chicas no deporte en idade escolar e no deporte universitario", e moitos outros que fixeron que estas xornadas resultaran moi interesantes e que conseguiran abrir moitas expectativas para o futuro do deporte feminino.

 

Ademáis a Secretaria do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estivo presente na entrega dos "Trofeos Instituto da Muller" que se entregaron como peche e clausura das Xornadas Nacionais.

 

Despois desta estancia en Madrid nestas "Xornadas de Deporte e Muller", Francisca García volve cargada de iniciativas, novidades e informacións sobre a promoción e a situación do deporte feminino, que de seguro serán aproveitadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.