viernes, 22 de febrero de 2008

NOVO ADESTRAMENTO DA PRESELECCIÓN ZONAL PRECADETE MASCULINA 2008

O próximo luns 25 de febreiro do 2008 ás 19:15 horas da tarde terá lugar nas instalacións do Colexio Apóstol Santiago unha nova convocatoria da Selección Zonal Precadete Masculina nesta tempada 2007-08.

Os xogadoras preseleccionados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para esta convocatoria son Pablo Bernal, Adrián Ramos e Francisco Reigosa do Cadete Masculino "B", adestrados por Enrique Celeiro e Albert Tomas. Nesta ocasión tamén asistiran a esta convocatoria Víctor Alonso, Javier Domíngez, Antonio Múñoz, Alesánder Pérez e Tomás Piñeiro do Infantil Masculino "A", adestrados por Nuria Gómez.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte a tódolos nosos xogadores nesta primeira convocatoria da Selección Viguesa Precadete Masculina e invitámoslle a que aproveiten ao máximo esta nova experiencia deportiva.