


![]()
A Presentación Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desta tempada 2007-08 que tivo lugar o pasado domingo 27 de xaneiro 2008, fai unha semana, tivo unha gran repercusión nos medios de comunicación.
Durante toda a semana foron múltiples as reportaxes e as crónicas que se publicaron e se retransmitiron do noso acto de Presentación na prensa, na televisión, nos diarios dixitais, en Internet, ... Baixo os titulares de "Locos por la base", "O Seis do Nadal presenta a súa maior canteira de talentos da súa historia", "Gran Presentación Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia", "Posta de longo do Seis do Nadal", "Medra o baloncesto de base galego" e outros, a Presentación da nosa entidade e o noso club fíxeronse un oco nos medios de comunicación durante o longo desta semana.
En Faro de Vigo (Campeones), Televigo, Deporte de Vigo, GalizaSport, Tercer Tiempo, Vieiros: Galicia Hoxe e na Federación Galega de Baloncesto apareceron publicacións ou retransimisións dunhas breves crónicas ou reportaxes do que foi un dos actos máis importantes do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta tempada 2007-08 na que a entidade celebra o seu 25 Aniversario.
