jueves, 6 de diciembre de 2007

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA INVITADO AO 3º TORNEO INTERNACIONAL DE NADAL 2007 DO GD GAFANHA

    

 

Os equipos Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, e o Infantil Feminino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron invitados ao 3º Torneio Internacional de Natal 2007 de Sub14 Masculinos e Femininos "50 Anos do GD Gafanha". Este torneo terá lugar os próximos días 21 e 22 de decembro do 2007 no Pavillón Deportivo de Gafanha de Nazaré (Gafanha de Nazaré).

 

Os equipos participantes no torneo de categoría infantil masculino son:

GRUPO A: G.D. Gafanha (Gafanha de Nazaré - Portugal), C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo - España), Illiabum Clube (Aveiro - Portugal).

GRUPO B: F.C. Porto (Porto - Portugal), FC Gaia (VN Gaia - Portugal), Clube dos Galitos (Aveiro - Portugal).

 

En categoría infantil feminina os equipos que participarán no torneo son:

GRUPO A: G.D. Gafanha (Gafanha de Nazaré - Portugal), ACER Tondela (Tondela - Portugal), F.C. Porto (Porto - Portugal).

GRUPO B: C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo - España), A. Académica de Coimbra (Coimbra - Portugal), Sporting Clube Coimbroes (Coimbroes - Portugal).

 

 

O torneo vai a transcurrir durante os días 21 e 22 de decembro, onde será realizado un campionato entre 6 equipos en dúas fases: na primeira fase os equipos estarán divididas en 2 grupos de 3 equipos, onde xogarán todos contra todos a unha volta dentro do seu grupo e serán clasificados do 1º ao 3º. A segunda fase (fase final) será un cruzamento directo sobre a clasificación da primeira fase:

- Os terceiros disputarán entre si o 5º e 6º lugar

- Os segundos disputarán entre si o 3º e 4º lugar

- Os primeiros disputarán entre si o 1º e 2º lugar, e consecuentemente o vencedor do Torneo.

 

Durante o torneo os xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estarán aloxados nas familias dos deportistas portugueses do GDG Basquetebeol. Deste xeito este torneo ademais de ter un gran valor deportivo tamén ten grande importancia a nivel persoal e de convivencia.

 

Desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexamos que tódolos deportistas aproveiten está oportunidade e experiencia a nivel humano, e que sexa un torneo inesquecible en tódolos ámbitos para todos eles.