martes, 18 de diciembre de 2007

O C.B. SEIS DO NADAL - COIA NO TORNEO PREINFANTIL MASCULINO LUGO É BASQUET

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará o próximo domingo 23 de decembro no Torneo Preinfantil Masculino "Lugo é basquet" organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón de Lugo.

O Infantil Masculino "B", adestrado por Pablo García "Picher" e Abel Rodríguez, participará neste torneo xunto aos equipos seguintes: Élide AXSC, Estudiantes de Lugo, CB Sarria MGR, Cidade de Lugo, Canteiras Porriño, CB 6,25 Ponferrada e Básquet Coruña.

O torneo se celebrará no Pavillón Anexo ao Pazo dos Deportes, e no mesmo Pazo dos Deportes se disputará a final do torneo e se levará a cabo a entrega de trofeos. O sistema de competición será un sistema de copa con clasificación do 1º ao 8º posto.

Os calendario do torneo é o seguinte:

10:00 h.:

ÉLIDE AXSC vs CIDADE DE LUGO - ANEXO 1 (A)

ESTUDIANTES vs CB SARRIA - ANEXO 2 (B)

11:30 h.:

6,25 PONFERRADA vs SEIS DO NADAL - ANEXO 1 (C)

CANTEIRAS PORRIÑO vs BASQUET CORUÑA - ANEXO 2 (D)

13:00 h.:

GANADOR (A) vs GANADOR (B) - ANEXO 1 (E)

PERDEDOR (A) vs PERDEDOR (B) - ANEXO 2 (F)

15:30 h.:

GANADOR (C) vs GANADOR (D) - ANEXO 1 (G)

PERDEDOR (C) vs PERDEDOR (D) - ANEXO 2 (H)

17:30 h.:

PERDEDOR (F) vs PERDEDOR (H) - ANEXO 1

19:00 h.:

FINAL: GANADOR (E) vs GANADOR (G) - PAZO

PERDEDOR (E) vs PERDEDOR (G) - ANEXO 1

GANADOR (F) vs GANADOR (H) - ANEXO 2

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexamos que o noso equipo aproveite este torneo para seguir crecendo como xogadores de baloncesto, e que tamén disfruten dun día de convivencia rodeado do deporte da canastra.