
Jorge Cabaleiro, xogador do Autoescuela Coya Celso Emilio Ferreiro (Alevín Masculino "A") do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, foi convocado novamente coa Preselección Galega de Minibásquet Maculina.
Esta convocatoria da Preselección terá lugar en Gandario (Bergondo - A Coruña) no Pavillón do Albergue da Marina Española entre os días 15 e 16 de decembro do 2007.
Desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte a Jorge Cabaleiro neste novo adestramento coa Preselección Galega de Baloncesto. Esperamos que aproveite esta nova oportunidade e que lle sirva para seguir crecendo como xogador de baloncesto.
