Hoxe, mércores 26 de decembro do 2007, tivo lugar o primeiro día do I Baby Campus de Inverno 2007 de Iniciación ao Deporte organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
A xornada comezou ás 10:00 horas da mañá e os nosos rapaces e rapazas puideron achegarse a dous dos deportes que se poden practicar durante o ano no Colexio Seis do Nadal: o baloncesto e o balonmán. Puideron coñecer e aprender as técnicas máis coñecidas de lanzamento e desprazamento de ambos deportes.
Despois dunha primeira parte de gran actividade, os nenos e nenas realizaron a primeira manualidade do campus que consistía en construír un dos renos de Papa Noel con material reciclable.
Como última parte da primeira xornada do Baby Campus e unha vez rematado o taller de manualidades, os rapaces e rapazas realizaron unha serie de actividades e circuitos de coordinación, equilibrio e habilidades físicas básicas (salto, desprazamentos, volteos, ...).
Mañá, xoves 27 de decembro, para tódolos nosos participantes o segundo día do campus cargado de máis deportes, máis actividades e moita máis diversión! Ata mañá!









