miércoles, 14 de noviembre de 2007

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA CON TÓDOLOS SEUS EQUIPOS EN MARCHA

Esta fin de semana comezan as competicións zonais da Delegación Viguesa de Baloncesto da temporada 2007-08. Co inicio destas competicións o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia terá a tódolos seus equipos en pleno rendemento e participando nas diferentes competicións a nivel zonal e a nivel autonómico.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a partir desta fin de semana, 17 e 18 de novembro, terá aos seus 20 equipos federados en marcha, máis de 250 xogadores e xogadoras participando en competicións federadas. Destes 20 equipos federados, 5 equipos xa están participando nas Ligas F.G.B. a nivel autonómico, e os outros 15 equipos xogarán a nivel zonal e interzonal.

 

Volve deste xeito, nesta nova temporada 2007-08, a intensa e completa programación de partidos cada xornada, polo que o Colexio Seis do Nadal, o Colexio Eijo Garay, o Colexio Celso Emilio Ferreiro e o Pavillón Municipal de Balaídos, verán pasar polas súas pistas a partir desta semana a tódolos nosos deportistas, desde os máis pequenos dos equipos Benxamíns ata os máis maiores dos equipos Séniors.

 

Desde a Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle a tódolos nosos deportistas unha temporada cargada de novas experiencias coas que poder formarse deportiva e educativamente. Esperamos que xogadores e xogadoras, pais e nais, familiares e amigos disfruten con esta nova temporada que xa está en marcha.