miércoles, 7 de noviembre de 2007

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL NA SECCIÓN "CAMPEONES" DO FARO DE VIGO

 

Hoxe, mércores 07 de novembro do 2007, aparece publicada na sección "Campeones" do Faro de Vigo unha ampla reportaxe do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

Nesta reportaxe se resalta esta nova temporada 2007-08 como unha temporada histórica no número de xogadores vinculados ao club, contando cunha canteira de máis de catrocentos xogadores dos cales a metade deles xa participa en competicións oficiais e a outra gran parte forma parte dunha gran escola deportiva. Debido a este aumento no número de xogadores e xogadoras, así como o aumento no número de adestradores e adestradoras, preto esta temporada dos 35 monitores de baloncesto, a reportaxe destaca que o Club Baloncesto Seis do Nadal estase a converter nunha referencia histórica do baloncesto vigués, superando xa a outros clubes que contaban con moita máis tradición.

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos amosar o noso agradecemento a Faro de Vigo e á sección "Campeones" por esta reportaxe dedicada a nosa entidade e, en especial, a nosa canteira de xogadores, xogadoras, adestradores e adestradoras, xa que son os culpables de que os nosos retos e as nosas ilusións se fagan realidade.