martes, 20 de noviembre de 2007

CATRO XOGADORAS DO C.B. SEIS DO NADAL CONVOCADAS COA PRESELECCIÓN GALEGA DE MINIBÁSQUET FEMININA

 

 

Catro xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron convocadas coa Preselección Galega de Minibásquet Feminina. Esta convocatoria terá lugar o próximo domingo 25 de novembro do 2007 no Pavillón Compañía de María en Santiago de Compostela (R/Enseñana, 3).

 

As xogadoras que foron convocadas coa Preselección Galega de Minibásquet Feminino son: Sara Fernández, Sara Araújo, Andrea Muñoz e Sara Diéguez. As catro xogadoras forman parte do Alevín Feminino "A" do C.B. Seis do Nadal - Coia na presente campaña, equipo adestrado por Pablo Álvarez e Lorena Asensio.

 

Desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte as nosas deportistas neste adestramento coa Preselección Galega de Baloncesto. Esperamos que aproveiten esta nova oportunidade e experiencia, e a empreguen para seguir progresando e aprendendo no mundo da canastra.