.
A selección española xogará a final do EuroBasket 2007 de Italia ao gañar en semifinais a Bielorrusia 54-70 nun partido brillante das españolas. Rusia será o rival das españolas na loita polo ouro este domingo ás 19:30 horas. A victoria en dita final tería dobre premio porque daría o pase directo ás Olimpiadas de Pekín.
As canchas disfrutan cos homes que defenden o bo nome de España no concierto internacional. Pero o baloncesto non remata nos nosos brillantes campións do mundo. Tamén hai Liga Feminina e tamén hai selección feminina. E os méritos duns e doutros, os de todos, os do baloncesto español, son a envidia deste deporte.España vai a xogarse a coroa de Europa por segunda vez na súa historia. O rival é Rusia, unha auténtica máquina, pero a prata xa está nas mans das rapazas de Evaristo Pérez.
.
As cousas non empezaron ben no partido de semifinais (7-0), aínda que pouco a pouco cambiaron de signo. España defendeu, demostrou intelixencia, calidade individual, solidariedade colectiva e un gran compromiso, un gran corazón, un alto concepto da idea de equipo. A misma forza que os homes de José Vicente Hernández.
..A enorme categoría de Amaya Valdemoro, o sacrificio defensivo, a altura como deportista de Ana Montañana, a entrega do personal en beneficio do colectivo e do colectivo en favor da pticular, levaron a España ás portas da súa segunda medalla de ouro europea. A prata está asegurada. Rusia é excelente. Aínda así, esta selección, estas xogadoras e os seus técnicos, poden facer saltar a banca. Nadie lles pode discutir os méritos que fixeron para soñar co cetro continental.




