Faltou moi pouco, pero finalmente a Selección Española Feminina non puido remontar a desvantaxe ante Rusia e caiu por 68-74 na final do EuroBasket 2007 de Italia. A pesar de todo, España ofreceu unha sensacional imaxe e se colgou unha medalla de prata que moi ben pode saber a ouro, xa que supón a cuarta medalla consecutiva da Selección Feminina nun Europeo (1 prata e 3 bronces), que terá a opción de gañarse unha praza para os Xogos Olímpicos de Pekín no próximo Preolímpico.
.
A alero española Amaya Valdemoro foi recoñecida como a mellor xogadora do Europeo de Italia tras realizar un espectacular torneo e unha final magnífica na que liderou a unha España que a punto estivo de sorprender á gran favorita, Rusia. Valdemoro anotou 26 puntos e capturou 8 rebotes na final do torneo, demostrando un gran carácter competitivo ao liderar a remontada de España, que perdía por 20 puntos ao descanso e chegou con opcións de victoria ata o minuto final.
.
.
O éxito da selección sénior feminina no Europeo de Italia ten repercusión no medallero histórico dos campeonatos. Ata o momento, España sumaba tres bronces e un ouro, o que lle colocaba en octava posición no medallero. A prata conseguida este ano, fai que as xogadoras españolas suban dous postos e se coloquen sextas con 5 medallas (1 ouro, 1 prata e 3 bronces), xusto por detrás de Polonia que suma as mismas medallas que a selección, pero unha prata máis.
.
Esta medalla de prata coloca o punto final ao verano 2007 de seleccións cun balance sensacional de 8 medallas. Non se puido poñer o broche de ouro nas seleccións sénior, pero esto non pode ocultar o gran éxito obtido polo baloncesto español en tódalas súas categorías. A medalla de prata que logrou a Selección Sénior Feminina se suma á prata do Eurobasket masculino, ao ouro da U20 Feminina e ás cinco pratas conseguidas pola U20 Masculina, a U18 Feminina, as dúas U16 e a U15 Masculina. Desta forma, se confirma o bo momento do baloncesto español en tódalas categorías e en tódalas idades.




