Xa remataron as Fases Previas da Delegación Viguesa de Baloncesto para as Ligas F.G.B.
Júnior, Cadete e Infantil da temporada 2007-08. O Club Baloncesto Seis do
Nadal - Coia participou nestas fases previas co número máximo de equipos
permitidos pola Federación Galega de Baloncesto: Infantil Masculino "A",
Infantil Feminino "A", Cadete Masculino "A", Cadete Feminino, Júnior Masculino
"A" e Júnior Feminino.
Despois de máis dun mes intenso e cargado de partidos cada fin de semana os equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que conseguiron a clasificación para as Ligas F.G.B. son o Infantil Masculino "A", adestrado por Nuria Gómez; o Infantil Feminino "A", adestrado por Jorge Martínez e Pablo Sánchez; o Cadete Masculino "A", adestrado por Marcos Blanco e Sergio González; e o Júnior Feminino, adestrado por Francisco García.
A clasificación dos equipos do club participantes nas fases previas foi:
INFANTIL MASCULINO
1. Seis Do Nadal "A" (8 victorias - 0 derrotas)
2. Canteiras "A" (6 victorias - 2 derrotas)
3. Baloncesto Vigo "A" (4 victorias - 4 derrotas)
4. Compañia De Maria (1 victoria - 7 derrotas)
5. C.B. Tui (1 victoria - 7 derrotas)
Esta clasificación na fase previa da Delegación Viguesa de Baloncesto, sendo o único equipo invicto da competición, garantialle ao Infantil Masculino "A" o pase directo para a Liga F.G.B. Infantil Masculina.
INFANTIL FEMININO
1. Seis Do Nadal "A" (10 victorias - 0 derrotas)
2. Maristas-R.C. Celta (7 victorias - 3 derrotas)
3. Compañia De Maria (6 victorias - 4 derrotas)
4. C.B. Baiona-Pazo De Mendoza (5 victorias - 5 derrotas)
5. Canteiras "A" (1 victoria - 9 derrotas)
6. C.B. Airexa (1 victoria - 9 derrotas)
Despois de rematar invicto a fase previa da Delegación Viguesa de Baloncesto o Infantil Feminino "A" asegurouse unha merecida e trabllada praza na Liga F.G.B. Infantil Feminina.
CADETE MASCULINO
1. Gestibérica (4 victorias - 0 derrotas)
2. Seis Do Nadal "A" (2 victorias - 2 derrotas)
3. Canteiras "A" (0 victorias - 4 derrotas)
Nesta categoría os tres equipos participantes na fase previa tiñan asegurada unha praza na Liga F.G.B. Cadete Masculina; aínda así o noso equipo Cadete Masculino "A" xogou catro partidos cun alto grado de intensidade e de traballo.
CADETE FEMININO
1. Canteiras 'A' (7 victorias - 1 derrota)
2. Compañia De Maria Vigo (6 victorias - 2 derrotas)
3. R.C. Celta Maristas Caixanova (5 victorias - 3 derrotas)
4. C.B. Andersen Seguros Reale (1 victoria - 7 derrotas)
5. Seis Do Nadal (1 victoria - 7 derrotas)
O noso equipo Cadete Feminino non conseguiu a clasificación para a Liga F.G.B. despois de xogar os partidos correspondentes á fase previa, partidos todos eles cunha gran calidade tanto individual como de grupo por parte de tódolos equipos participantes.
JÚNIOR MASCULINO (GRUPO A)
1. Canteiras "A" (3 victorias - 1 derrota)
2. Compañía de María (3 victorias - 1 derrota)
3. Seis do Nadal "A" (0 victorias - 4 derrotas)
O noso equipo Júnior Masculino "A" despois dunha igualada e intensa competición no grupo "A" con partidos moi igualados e disputados, non puido clasificarse para as semifinais da fase previa da Delegación Viguesa de Baloncesto, feito que garantía a posibilidade de gañar unha praza na Liga F.G.B.
JÚNIOR FEMININO
1. R. C. Celta Caixanova (6 victorias - 0 derrotas)
2. Compañia De Maria (4 victorias - 2 derrotas)
3. C.B. Andersen Seguros Reale (2 victorias - 4 derrotas)
4. Seis Do Nadal (0 victorias - 6 derrotas)
O Júnior Feminino quedou clasificado na cuarta praza da fase previa da Delegación Viguesa de Baloncesto. Dito posto garantía o cruce para intentar gañar unha praza na Liga F.G.B. O pasado fin de semana, 27 e 28 de outubro, as nosas rapazas xogaron o cruce da fase previa contra o C.B. Burela, dous partidos nos que as nosas rapazas conseguiron a victoria e polo tanto a clasificación para a Liga F.G.B.
Deste xeito, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia terá catro equipos participando nas Ligas F.G.B. da temporada 2007-08 ademais do equipo Senior Feminino que xa leva cinco xornadas da Liga F.G.B. Sénior Feminina. Desde o C.B. Seis do Nadal - Coia queremos felicitar a tódolos equipos participantes nestas fases previas, tanto aos equipos que conseguiron a praza nas Ligas F.G.B. como aos equipos que non puideron conseguila. Noraboa e ánimo a todos nesta nova etapa da competición que está a punto de comezar.
