viernes, 28 de septiembre de 2007

A SELECCIÓN ESPAÑOLA FEMININA NA SEGUNDA FASE DO EUROBASKET 2007

. .
A primeira fase do EuroBasket 2007 de Italia concluiu con España como primeira clasificada e invicta no grupo D con sede en Ortona. Xunto ás españolas obtuviron o pase á fase de clasificación Bielorrusia e Serbia. Estas tres seleccións conformarán un nuevo grupo co trío de equipos clasificados procedentes do grupo C, Italia, Francia e Rusia, que deixaron a Grecia na cuneta. Destes seis equipos soamente catro deles lograrán o pase para cuartos de final. As xogadoras de Evaristo Pérez parten con moitas opcións xa que, ao igual que Rusia, teñen o mellor balance con 2 victorias e 0 derrotas, e cun triunfo máis se asegurarían matematicamente entrar entre as 8 mellores.
..
A priori, para España o nivel de esixencia irá aumentando co paso dos días. O primeiro dos rivais será Italia. Xogarán a un horario un tanto incómodo para as españolas, ás 15:30 horas do sábado.
..
Cun día de descanso polo medio, as españolas mediranse ante Francia ás 18:30 horas do luns, unha selección á que España lle ten tomada a medida como se demostrou durante a preparación.
..
A proba de fogo chegará realmente o mércores ás 21:00 horas ante Rusia. As actuais subcampioas do mundo no deron opcións as súas adversarias na primeira fase e son unha das grandes favoritas para subir ao máis alto do podio.
..
Como a selección española de Evaristo Pérez realizou os deberes durante a primera fase, España ten agora certa marxe de error no seguinte tramo da competición, que tras dous días de descanso activo, se emprenderá de novo o sábado.