España chega a súa sexta final continental tras un gran partido ante Grecia (82-77) . A victoria que garantía o pase para a final do Eurobasket 2007 foi durísima porque Grecia xogou o seu mellor partido do campionato ademais de levar a defensa ao límite da falta en cada acción. O tridente formado por Calderón (18), Navarro (21) e Gasol (23) foi determinante para gañar a semifinal e poder xogar a sexta final continental da historia. Os campións do mundo teñen cita para o seu novo hito histórico. Os 'chicos de oro' desexan añadir unha muesca máis no seu palmarés. Japón segue no máis vivo dos recordos, e agora, queren que sexa en Madrid, en 'casa', onde poidan
celebrar un novo título.
Que esta xeración do 80 era un grupo con carácter gañador, non había ningunha dúbida. Que maduraron de tal forma que son capaces de sobrepoñerse ás adversidades o demostraron cando o partido tornouse duro e a capacidade mental dos gregos parecía superior.
Tanto Pepu Hernández como Jose Calderón mencionaron en entrevistas posteriores á semifinal o partido do Mundial de Saitama ante Arxentina, pola súa similitude e igualdade. Grecia sabía que para gañar tiñan que xogar moi bien, levar un ritmo lento e non permitir que o talento español estivera libre. Unha defensa dura axudada por algunhas decisións arbitrais e un toque de carácter heleno, levou o partido a uns últimos minutos de gran tensión. España xogou moi ben esos minutos de tensión demostrando unha gran madurez e non permitiu que Grecia puidera ter opción de conseguir o triunfo final.
Así pois, a selección española buscará mañá (domingo 16 de setembro ás 21.30horas/laSexta) proclamarse nova campioa de Europa ante
Rusia, un rival que deixou claro ante Lituania o seu poderío e que, ao igual que Grecia nas semifinais, aprendeu da súa derrota na segunda fase do Eurobasket 2007.

