Con motivo do Eurobasket 2007 que se celebra en Madrid, a Asociación Española de Adestradores de Baloncesto (AEEB) e a Federación Española de Baloncesto (FEB) organizan o Clinic Internacional "España 2007", os días 7, 8 e 9 de setembro no Real Canoe N.C.Lolo Sainz, Aíto Garcia Reneses, Rubén Magnano e Zeljko Obradovic serán os destacados ponentes do Clinic Internacional "España 2007". Cada conferenciante dará unha charla sobre conceptos ofensivos e outra sobre defensivos.
.
Por exemplo Aíto García Reneses falará sobre a zona press 1-3-1 en medio campo; para logo comentar os fundamentos do ataque para o poste medio-baixo. Ou Zeljko Obradovic, que comentará qué sistemas de ataque son mellores ou máis adecuados contra unha defensa individual; e por outro lado a defensa ao poste medio.
.
Toda unha gran oportunidade poder escoitar os segretos do deporte da canastra de primeira man e saíndo de varios dos mellores adestradores do baloncesto.
.
Para máis información: www.feb.es
