domingo, 12 de agosto de 2007

SISTEMA DE CLASIFICACIÓN PARA AS LIGAS F.G.B. JÚNIOR, CADETE E INFANTIL

Este ano os equipos que se inscriban para participar nas diferentes Ligas FGB de Júnior, Cadete e Infantil deberán xogar unha fase previa zonal de clasificación que non será a competición zonal da categoría. Esta é a normativa aprobada nas Bases de Competición da Federación Galega de Baloncesto:
 
LIGA FGB JÚNIOR MASCULINA E FEMININA:

O número de equipos participantes está limitado a 12 equipos que serán:
- 7 equipos, un equipo por cada Delegación, que serán os primeiros clasificados na fase previa da súa delegación.
- Cinco equipos, que sairán dunha eliminatoria entre os 10 equipos seguintes:
. Os 7 equipos clasificados en 2º lugar en cada delegación.
. 2 equipos máis das Delegacións que quedaron campionas o ano anterior nas categorías Júnior e Cadete.
. Outro equipo máis da Delegación que máis equipos haxa inscrito na Categoría Júnior Masculina (e/ou Feminina) na Tempada anterior. .

LIGA FGB CADETE MASCULINA E FEMININA: .

O número de equipos participantes está limitado a 16 equipos que serán:
- 10 equipos clasificados directamente das fases previas zonais que serán os siguientes:
. Os 7 gañadores das Fases previas de cada delegación.
. Os 3 siguientes, sairán das delegacións que ocuparon os tres primeiros lugares na Liga Cadete do ano anterior.
- 6 equipos que sairán tras superar unha eliminatoria entre doce equipos que serán o resto de 2º e 3º de cada Delegación (total 11 equipos) e un máis da delegación que tivese máis equipos inscritos na categoría a tempada anterior. En ningún caso, ningunha delegación poderá ter máis de catro equipos dos 22 clasificados nesta Fase Previa.

LIGA FGB INFANTIL MASCULINA E FEMININA:

O número de equipos participantes está limitado a 16 equipos que serán:
- 10 equipos clasificados directamente das fases previas zonais que serán os siguientes:
. Os 7 gañadores das Fases previas de cada delegación.
. Os 3 seguintes, sairán das delegacións que ocuparon os tres primeiros lugares na Liga Infantil do ano anterior.