
Os equipos que este ano participarán nesta Liga F.G.B. serán: Aviva Lourenzá, Canteiras Porriño, C.B. Airexa Euroviviendas, Maristas César Dorado, La Salle, Seis do Nadal Coia, C.B. Arxil Mafari, C.B. San Pelayo Deportes Caneda, Esega María Pita, Compañía de María, Cambre, Pabellón Ourense, Cooperativa Arzuana, Aldasa Uniferrol.
Esta temporada a competición estará formada por un grupo único cos 14 equipos anteriores que xogarán a doble volta. O inicio desta Liga F.G.B. será o 30 de setembro. O equipo do noso club comezará este campionato xogando na pista do C.B. San Pelayo Deportes Caneda o sábado 30 de setembro ás 18:00 horas.
Desde o C.B. Seis do Nadal - Coia desexámoslle a este equipo e a tódolos seus integrantes un bo comezo de temporada e confiamos que ata entón sigan traballando e esforzándose para facer un bo papel durante todo o ano.