martes, 17 de julio de 2018

PAPELYA! NOVO COLABORADOR DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL NESTA NOVA TEMPADA 2018/2019

.

(Xogadores e xogadoras do club durante a Presentación en PapelYa!)

.

PapelYa! convertese en nova empresa Colaboradora do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para o curso 2018/2019. PapelYa! é unha papelería física e online que ofrece unha gran selección de productos: material escolar, material de oficina, mobiliario de oficina, informática, manualidades, etc.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e todo o apoio depositado por parte de PapelYa! no noso proxecto deportivo, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas as dúas partes para a nova campaña 2018/19. Moitas grazas pola súa colaboración.

.

Unha pequena representación dos xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitaron PapelYa! e das mans de Nuria Tombo, responsable desta empresa, tiveron a posibilidade de coñecer tódolos productos da papelería física.

.

 

(Xogadores e xogadoras do club visitaron a papelería física de PapelYa!)

.

Para aproveitarse desde xa deste acordo de colaboración, PapelYa! habilita para tódolos xogadores/as, adestradores/as, técnicos, familiares e amigos/as do club un desconto do 10% en todo o material de oficina, material escolar e artigos de regalo presentando un vale desconto que se fará chegar a cada familia.