martes, 16 de octubre de 2012

O SÉNIOR MASCULINO "B" DO CLUB XA COÑECE O CALENDARIO DA LIGA 3ª DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINA 12/13

.

O equipo Sénior Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xa coñece o calendario de xogo da Liga 3ª División Sénior Masculina 2012/13 da Federación Galega de Baloncesto.

.

Os calendarios de xogo dos seis grupos desta Liga 3ª División Sénior Masculina que comezou a pasada fin de semana dos días 6 e 7 de outubro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

.

A totalidade dos equipos que participarán na Liga 3ª División Sénior Masculina 2012/13 se repartirán en seis grupos por proximidade xeográfica. O noso conxunto, adestrado por Jose Luis Lorenzo, técnico que se incorporou ao club na presente tempada, quedou encadrado no Grupo E xunto a:

.

SEIS DO NADAL - COIA

ATMÓSFERA SPORT - SETENTAS

PBB CANTEIRAS

C.B. ARCADE

C.B. ESG GRUPO AUSTEN

C.B. MOS - LA PECERA - BLUSS

GRUPO OH VIGO

RÍAS BAIXAS "A"

C.B. CASELAS

MARISTAS ADEMAR

C.B. RODABALLO

.

A terceira xornada do Grupo E da Liga 3ª División Sénior Masculina terá lugar a fin de semana do 20 e 21 de outubro e o noso conxunto recibirá ao PBB Canteiras no Colexio Seis do Nadal. Xa está dispoñible o calendario compelto do Grupo E da competición pulsando na seguinte imaxe.

.