martes, 26 de julio de 2011

SERGIO GONZÁLEZ CONTINUARÁ AO FRONTE DA DIRECCIÓN DEPORTIVA NA NOVA TEMPADA 2011/2012

.. ..

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal Coia confirmou un ano máis a continuidade de Sergio González ao fronte da Dirección Deportiva da entidade. O club vigués continuará traballando a próxima tempada 2011/2012 na mesma liña de actividade e organización que se plantexou no ano 2008 coa incorporación de Sergio González á Dirección da entidade.

.

Sergio González afrontará por quinta campaña consecutiva a Dirección Deportiva do club olívico, cos obxectivos de mellorar e consolidar cada un dos pilares da estrutura da entidade, así como perseguir ofrecer as mellores condicións de traballo e formación aos deportistas, monitores, adestradores e técnicos.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dará a coñecer nos próximos días, a través da páxina web, o novo corpo técnico de cada un dos equipos federados do club, así como as datas de inicio da pretempada.