sábado, 23 de julio de 2011

A NBA - BBVA EXPERIENCE TOUR NA VIGUESA PRAIA DE SAMIL OS PRÓXIMOS DÍAS 30 E 31 DE XULLO

.

O espectáculo rodante do Tour NBA Experience instalarase na viguesa praia de Samil, coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, na última fin de semana do presente mes de xullo, o sábado 30 e domingo 31.

.

A atracción do mellor baloncesto chega a Vigo, a derradeira fin de semana de xullo, co NBA - BBVA Tour. Esta singular cita, que de xeito itinerante percorre a xeografía española chegando o espírito NBA a todos os afeccionados españois, recalará na Praia de Samil durante os días 30 e 31 de xullo.

.

Entre as 11:00 horas e as 20:00 horas, o sábado, e de entre as 10:00 e as 15:00 horas, o domingo, Samil será escenario deste BBVA NBA Tour Experience, no que poden inscribirse mozos e mozas a partir de 16 anos. Trátase dun torneo 3x3 onde os participantes terán a oportunidade de amosar todas as súas habilidades co balón, ademais de compartir outro tipo de actividades lúdicas co público asistente. Diferentes sesións e concursos (mates, triplas e lanzamentos) e varias actividades BBVA NBA acompañadas de premios serán o marco idóneo para a competición.

.

Para inscribirse nesta cita tan atractiva tan só é necesario encher a ficha de inscrición facilitada na web oficial do evento onde ademais se atopa toda a infomración relacionada coas actividades do Tour NBA.